Preséntase a programación da Semana Santa compostelá 2024

  • Percorrerán as rúas da cidade un total de 16 procesións, que inclúen o exercicio do Santo Vía Crucis e unha histórica procesión de traslado.
  • Seguindo a rotación por orde de antigüidade, o presente ano protagoniza o cartel e elixiu ao pregoeiro a Confraría de Noso Pai Xesús Nazareno e a Santísima Virxe das Dores.
  • Miguel Ángel Sánchez del Río, especialista en educación musical e organista de San Miguel dos Agros, será o encargado de pronunciar o pregón. O acto terá lugar o sábado 9 de marzo, ás 19 horas, na Igrexa de San Domingos de Bonaval.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024

A sala de prensa do Concello de Santiago acolleu esta mañá a presentación da programación da Semana Santa 2024, na que participou a presidenta da Xunta de Confrarías, María Elena Bernárdez, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.

A Semana Santa e os desfiles procesionais, que terán lugar do 22 de marzo ao 7 de abril, veñen precedidos de múltiples actos litúrxicos, gastronómicos, culturais e musicais na cidade; tal e como leva incluíndo a programación das confrarías nas últimas edicións. En total serán 14 as procesións que percorrerán as rúas da cidade, ás que se suma o exercicio do Santo Vía Crucis e a histórica procesión de traslado do Cristo da Paciencia de Conxo. A presidenta da Xunta de Confrarías indicou que os desfiles procesionais non sofren variacións este ano.

Elena Bernárdez explicou que o presente ano 2024, seguindo a orde de antigüidade das confrarías da cidade, foi a das Dores a encargada de elaborar e protagonizar o cartel da Semana Santa e de elixir ao pregoeiro. Encargo que recaeu sobre Miguel Ángel Sánchez del Río, especialista en educación musical e organista de San Miguel dos Agros. O discurso  terá lugar o sábado 9 de marzo, ás 19 horas, na Igrexa de San Domingos de Bonaval.

Dentro da actividade litúrxica integrada no programa, a Xunta de Confrarías achega un ano máis todos os actos que levarán a cabo as diferentes confrarías dende esta semana ata a propia Semana Santa, así como aqueles nos que participa o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, e que terán lugar na Catedral de Santiago.

A presidenta da Xunta de Confrarías agradeceu ao Concello de Santiago a súa colaboración no deseño e impresión dos programas, así como a prestación dos servizos de limpeza e seguridade cidadá que permiten o correcto desenvolvemento das procesións. Elena Bermúdez tamén aproveitou para agradecer a colaboración de Turismo de Galicia, da asociación de comerciantes “Compostela Monumental” e do Instituto Europeo “Campus Stellae”.

O arcebispo da Diócese de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto, quixo poñer en valor a completa oferta de programación da Semana Santa compostelá, situándoa coma un evento acolledor e integrador, que reflexa a grande riqueza cultural, relixiosa e social da cidade. O arcebispo lembrou que durante a Semana Santa, as igrexas da cidade ofrecerán unha horario especial de apertura. Unha oportunidade, tal e como indicou, para coñecer o interior destes templos, moitas veces descoñecidos tanto para os visitantes como para os propios composteláns.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.