Real Confraría do Santísimo Cristo da Unción e Nosa Señora da Serenidade

Desde o ano 1953

Colexio-da-Inmaculada-boceto-byn
Colexio-da-Inmaculada-boceto
Colexio-da-Inmaculada

A nosa Sede

Capela do Colexio "A Inmaculada" 

Rúa de Concepción Arenal, 11

15702 Santiago de Compostela

 

cofradiahermanos@semanasantansantiago.es

ver mapa

Tradición e Historia en imaxes

A NOSA HISTORIA

A Real Confraría Penitencial do Santísimo Cristo da Unción e da Nosa Señora da Serenidade, tal é a súa denominación oficial, fundouse por iniciativa da Asociación de Antigos Alumnos das Escolas da Inmaculada de Santiago no ano 1953 e saíu por primeira vez á rúa o Sábado Santo do ano seguinte. Tras un baleiro de varios anos, en 1993, e grazas ao empeño dun grupo de antigos alumnos e confrades, recuperou a súa presenza na Semana Santa compostelá.

 

Así, cada Sábado Santo, as rúas da zona antiga compostelá acollen a beleza dos pasos da Virxe da Serenidade, do Cristo da Unción, do Cristo Crucificado e da Sección de Infantes da Serenidade (nenos menores de 14 anos) coa chamada Cruz dos Infantes.

 

En febreiro de 2014, a Casa do Rei concédelle o título de Real.

 

Os fins desta Confraría son a promoción do culto público, no nome da Igrexa, dos misterios da Paixón, Morte e Resurrección do Señor, do Santísimo Sacramento da Eucaristía, da Santísima Virxe María e dos santos.

 

Actualmente, a Confraría está irmandada coa Pontificia, Real e Ilustre Confraría da Nosa Señora das Angustias de Ferrol, coa Confraría da Santa Cea de Baeza de Xaén e coa Ilustre, Humilde e Fervorosa Irmandade e Confraría de Nazarenos da Flaxelación do Noso Pai Xesús da Bondade e María Santísima do Consolo de Cidade Real.

IMAXINERÍA

NOSA  SEÑORA  DA  SERENIDADENosa-Señora-da-Serenidade

Pensouse que a titular sería unha Virxe, que representaría a María, pero non en actitude de contida ou desbordada dor, como era habitual, senón de nai que entende e acepta o sacrificio do seu Fillo e que, serena, sabe que ese sacrificio marcaría o comezo dunha nova xeración na historia da humanidade.

 

Foi ese modelo representativo o que se lle encargou ao escultor, artista e antigo alumno das escolas, don Castor Lata. E o artista reproduciu exactamente o que se lle pediu. Tallou a doce figura que, de inmediato, foi bautizada como Virxe da Serenidade e que en 1954 saía ás rúas de Santiago por primeira vez.

 

 

Santísimo-Cristo-da-UnciónSANTÍSIMO CRISTO DA UNCIÓN

No ano 1957, estreábase un novo paso, tamén do xenial autor don Castor Lata, o Cristo da Unción. A idea inicial dun Cristo xacente rodeado de anxos cambiouse, por consello do cardeal Quiroga, pola que logo foi a definitiva, o momento do enterro co corpo exánime de Xesús, acollido entre os santos homes, mentres un anxo, recordo do proxecto inicial, lles daba acubillo amorosamente.

 

 

Cruz-dos-Infantes

CRUZ DOS INFANTES

Nese mesmo ano, creouse a Sección dos Infantes, que despois se convertería, ata a actualidade, nun dos principais sinais de identidade da irmandade. Está conformada por vinte e dous nenos portadores dunha gran cruz e é única ata hoxe en Galicia e tamén en España. Tamén se creou a Sección das Damas da Serenidade, nun momento no que ás mulleres non lles estaba permitido integrar as confrarías como penitentes con hábito.

 

 

 

 

 

Cristo-Crucifixado

CRISTO CRUCIFIXADO

No ano 2006, constitúese a Sección Xuvenil, formada por un grupo de trinta e un mozos e creada cunha aspiración de integrar todos os mozos e de lles dar continuidade dentro da irmandade. Ese mesmo ano, a Sección Xuvenil saca á rúa unha imaxe de Cristo crucificado, que se atopa exposta na capela da Escola.

 

 

Procesións

PROCESIÓN DOS IRMÁNS  

Sábado Santo ás 20 horas


PERCORRIDO

 

Concepción Arenal - Rúa García Blanco - Rúa Concepción Arenal - Rúa Fonte de Sto. Antonio - Rúa Orfas - Rúa Nova - Rúa de Xelmírez - Praza das Praterías - Rúa do Vilar - Porta Faxeira - Campo da Estrela - Rúa Senra - Rúa Fonte de Sto. Antonio - Rúa Concepción Arenal

 

Faite Confrade

COTA:

Adultos: 30 €    Nenos (menores de 18 anos): 15 € 

Estatutos

Séguenos en redes

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.