Xunta de Confrarías















Fundada en 1953, a súa orixe remóntase á congregación mariana de San Luís Gonzaga da igrexa de Santo Agostiño, dirixida polo padre Villamil, asociación que agrupaba a mozos universitarios daquela altura.
O seu primeiro presidente foi don José Besada Varela, que reuniu ao seu arredor a 26 confrades fundadores para saír en procesión en 1953.
Desde 1978 ao 2014 o seu presidente foi don Manuel Besada Varela e durante eses anos a confraría axudou ao rexurdir de diversas confrarías e procesións. De feito, esta confraría foi a responsable de realizar o primeiro viacrucis de Semana Santa polas rúas da cidade que, posteriormente pasou a mans da Coordinadora de Asociacións Relixiosas Segrares. Posteriormente, entre o 2014 e 2018, asumiu a presidencia Antonio Llovo Guillán, entre o 2018 e 2022 Juan García Lavandeira e, na actualidade , o presidente da confraría é Francisco Javier Santos Martínez.
A confraría sae a noite do Xoves Santo. Congrega a máis de 350 confrades e a súa procesión ten especial relevancia na cidade polo seu carácter penitencial. En total silencio, que tan só e irrompido polas cornetas e tambores da súa propia banda; conta con numerosas cruces e cadeas que, en acto de penitencia, levan consigo algún dos confrades. Á súa vez, cabe destacar que a maioría dos confrades, que visten de hábito negro con carapucha, puños e cíngulo de cor azul; procesionan na súa maioría descalzos.

A imaxe do Noso Pai Xesús Flaxelado foi tallada por Diego de Sande no primeiro terzo do século XVIII. Propiedade dos Xesuítas, conta cun altar e está exposta durante todo o ano na sede da confraría, a igrexa de santo Agostiño.
O seu paso, adornado con caraveis de cor vermello é característico por ser portado a ombros e polo ruído que fan as "forcadas", que os portadores empregan como apoio, cando baten contra as pedras do casco histórico da cidade.















Praza de Santo Agostiño - Cantón de San Bieito - Praza de Cervantes - Rúa Algalia de Arriba - Praza de San MIguel dos Agros - Rúa de Abril Ares - Rúa de Campás de San Xoán - Rúa de Acibechería - Rúa tras San Paio de Antealtares - Rúa da Conga - Rúa do Preguntoiro - Rúa da Caldeirería - Rúa das Orfas - Praza do Toural - Rúa do Vilar - Rúa Xelmírez - Rúa da Conga - Rúa do Preguntoiro - Praza de Cervantes - Cantón de San Bieito - Praza de Santo Agostiño
COTA:
© Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela 2020 - Deseño web Chia na rede