A Confraría da Esperanza fundase no ano 2005, por membros da extinta Banda de Tambores da Confraría dos Estudantes co fin de promover a Semana Santa entre os máis novos e así procesionala o Domingo de Ramos pola tarde. Nos seus inicios, a confraría da Esperanza proviña do colexio das Orfas, cun Cristo Crucificado, que pertencía ás irmás do devandito colexio. Poucos anos despois, a confraría xa ten a súa propia sede, a igrexa de Ánimas. O cristo crucificado é substituído por unha virxe que pertence á igrexa de San Froitoso. Actualmente, a talla titular da confraría é unha Virxe da Esperanza.
No ano 2015 celébrase na igrexa de San Froitoso o X aniversario ao que a Banda C.C.T.T. Santiago lle dá son, xa que está moi vinculada á confraría. Actualmente séguese contando co apoio do seu párroco, don Ricardo; que cede para o día da procesión unha cruz parroquial e dous ciriais, e realiza a oración minutos antes da saída da procesión.
Nesta igrexa, cada ano nas datas próximas á festividade da Virxe da Esperanza, que é o 18 de decembro, realízase unha recollida de roupa e alimentos, e despois celébrase unha misa solemne na honra da Virxe.
Unha característica principal é que os confrades fundadores visten durante a estación de penitencia capuchón de veludo para darlle unha vital importancia. Estes capuchóns serán usados polos membros da Xunta Directiva durante o exercicio do viacrucis na tarde do Mércores Santo na nosa cidade.
A vestimenta da confraría consiste nun hábito negro, alba, capuchón e manga vermella. O escudo da devandita confraría está formado pola cruz de Malta que pertence á corporación xuvenil de San Xoán Evanxelista, contén a inicial da devandita confraría e dúas palmas con motivo do día en que procesiona, o Domingo de Ramos.
Destacamos dende esta confraría que o paso é levado a ombros por enteiro por mulleres para darlle unha caracterización especial á confraría e a Semana Santa santiaguesa. A devandita anda foi feita por un membro fundador e custodiado polo párroco, don Xosé Porto, na Colexiata de Sar onde se realizaban os ensaios das portadoras. Un grupo de mozos da Confraría da Angustia sempre procesionan connosco, co que tamén temos un gran vinculo coa confraría dende os inicios.
Nos días anteriores da procesión realizábase o traslado á igrexa das Orfas nos seus primeiros anos. Anos despois pasou a ser custodiado na Igrexa de San Froitoso.
A partir do segundo ano da súa creación, a procesión está acompañada musicalmente pola súa propia sección de tambores xuvenil. Co seu local de ensaio na igrexa da Nosa Señora da Quinta Angustia e posteriormente en colaboración coa Banda Santiago C.C.T.T que pasaría a ensaiar no local sociocultural de Vidán.
En 2019 lanzaron o seu novo banner deseñado por algúns membros do consello. En 2020 e coa celebración dos seus 15 anos, decídese facer un cambio na anda da súa Virxe. O deseño foi feito pola actual Xunta Directiva e o traballo foi realizado polo carpinteiro David Forján.
Cabe destacar que os nenos que comezaron portando as súas palmas na procesión, a medida que van medrando pasan a levar insignias da confraría e cando xa son adultos pasan a acompañar a imaxe da Virxe na súa traseira.