Confraría da Humildade

Desde o ano 2008

Tradición e Historia en imaxes

A NOSA HISTORIA

Confraría da Humildade foi o nome elixido para esta nacente irmandade. Un nome cheo de valor para os seus fundadores porque, sen ter nada loitaron e loitan por cumprir os seus soños. Luns Santo foi o día elixido para realizar a súa Estación de Penitencia tendo como punto de partida a Igrexa que os acolleu e converteuse na súa Sede Canónica: a Igrexa Parroquial de Santa María do Camiño.

 

A fundación da Confraría da Humildade ocorreu no ano 2008 pero non sería ata o 2009 cando realizaría a súa primeira Estación de Penitencia. O silencio da noite rompía cos sones da Banda de Cornetas e Tambores da Quinta Angustia. Tras ela, unha representación de todas as confrarías compostelás e, ao final do cortexo, unha imaxe mariana baixo a advocación da Virxe da Humildade; cedida pola Parroquia de Santa María Salomé e portada a ombreiros por oito confrades.

 

A confraría introduciu un gran cambio no seu cortexo no ano 2011: a forma de carga do paso. Os portadores pasan a cargar desde o interior dun novo paso procesional. Ademais, a Nosa Señora da Humildade estivo acompañada por primeira vez pola Agrupación Musical Virxe da Amargura de Ferrol e en colaboración con esta formación musical, ideou unha iniciativa solidaria bautizada co nome de Humildade pola Solidariedade.

 

Ós dezasete días do mes de marzo do ano 2012, a nova irmandade tivo a honra de presentar e bendicir a súa nova imaxe titular: a Nosa Señora da Humildade.

 

No ano 2013, tras solicitar por primeira vez a venia ao Arcebispado de Santiago de Compostela, a Nosa Señora da Humildade saíu en procesión lucindo un novo manto cor burdeos e unha diadema de prata.

 

No ano 2016, ás portas da Coresma, a Irmandade viu feito realidade uno dos proxectos que sempre estivo en mente: a realización dunha exposición que levou por nome: Unha idea, un soño, unha ilusión. Para finalizar o ano, a Confraría da Humildade convocou o primeiro concurso de debuxos para promover o acto solidario Humildade pola Solidariedade. Para a Semana Santa do 2017, a Confraría da Humildade levou a cabo o I Concurso de Embelecemento de Balcóns, Xanelas e Escaparates de Semana Santa.

 

No ano do X Aniversario (2018), nunha solemne eucaristía na Igrexa de San Domingos de Bonaval, presidida por Excmo. y Rvdsmo. Sr. arcebispo de Santiago, presentouse e bendeciuse o novo paso procesional de Nosa Señora da Humildade.

IMAXINERÍA

Nosa-Señora-da-Humildade

NOSA SEÑORA DA HUMILDADE

A Nosa Señora da Humildade é a primeira obra de imaxinería relixiosa do escultor José María Hurtado Rodríguez (Pilas, 1982). Foi realizada no ano 2010 como carta de presentación do xoven escultor e adquirida pola Confraría da Humildade no ano 2012, despois de estar exposta en diferentes lugares da capital andaluza.

 

Trátase dunha Dolorosa de 155 cm de altura, de corpo de candelero para vestir e talla en madeira de cedro. É unha efixie intimista, de canon clásico, sobrio e elegante que posúe unha forte personalidade transmitida polo seu autor. O seu acabado é moi limpo e a policromía preséntase clara e acesa, simbolizando tanto a pureza como a dor sufrida por María.

 

Procesións

PROCESIÓN DA HUMILDADE

Luns Santo ás 21.30 horas


PERCORRIDO

 

Igrexa de Santa María do Camiño - Rua Travesa - Casas Reais - Praza de Cervantes - Preguntoiro - Caldeirería - Tras Salomé - Igrexa Santa María Salomé - Rúa Nova - Toural - Rúa do Vilar - Praza das Praterías - Conga - Preguntoiro - Praza de Cervantes - Rúa San Bieito - Rúa Travesa - Igrexa de Santa María do Camiño

 

 

Faite Confrade

COTA:

10 € adultos (a partir dos 18 anos) | 5 € nenos (ata 17 anos)

Estatutos

error: Content is protected !!