Xunta de Confrarías
Rúa do Campiño de San Francisco, 2
15704 Santiago de Compostela
entradatriunfalxesus@semanasantasantiago.es
A Confraría Infantil da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén foi fundada o 12 de xaneiro de 1961 e tutelada pola Orde Franciscana Secular.
Actualmente, a confraría está recompilando e estudando a documentación sobre a súa historia. Unha vez concluídos os traballos ampliarase na presente páxina web.


Este paso foi proxectado, esbozado e dirixido por devoción de por Roberto González Blanco, profesor da Escola de Artes e Oficios desta cidade de Santiago que era nese momento ministro da Orde Terceira Franciscana. Á súa vez, foi esculpido por Antonio Figueiras e, ao seu pasamento, rematou a escultura Castor Lata Montoro, que a finaliza no ano 1952.
O paso está depositado na capela da Orde Franciscana Secular, obra de Domingo de Andrade, que foi ministro desta orde situada no Campiño de San Francisco.
Campiño de San Francisco - Rúa San Francisco - Praza do Obradoiro - Rúa Fonseca - Praza das Praterías - Rúa da Conga - Praza da Quintana (Bendición de Ramos) Rúa da Conga - Praza das Praterías - Rúa Fonseca - Praza do Obradoiro - Rúa San Francisco - Campiño de San Francisco
© Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela 2020 - Deseño web Chia na rede