Xunta de Confrarías
A Confraría do Santísimo Cristo da Paciencia de Conxo está sita, como o propio nome indica, na parroquia de Conxo en Santiago de Compostela.
A devoción ao Cristo en Conxo remóntase ao ano 1629, e é no ano 1732 cando se converte en Confraría e Escravitude do Cristo e da Mercé.
A confraría, cos altos e baixos propios de cada época, estivo en activo ata aproximadamente mediados dos anos 50 do século XX cando por problemas co párroco do momento, a directiva viuse na obriga (en contra da súa vontade) de entregar toda a documentación que estaba no seu poder e cesar toda a actividade: procesión e actos que tivesen que ver coa devoción ao Cristo.
Nos anos 80, sendo párroco de Conxo don Alejandro Barral, retomouse a procesión, en principio na parroquia, o segundo domingo de Pascua, ata que uns anos máis tarde se volveu configurar a confraría e se retomaron as procesións e os actos de antano.
A nosa confraría sae á rúa coa imaxe do Cristo dúas veces ao ano:
En canto ao patrimonio, a Confraría non ten un propio, senón que goza do da parroquia como parte integrante da comunidade.

A imaxe titular da confraría, o Cristo da Paciencia, obra de Gregorio Fernández, foi realizada en Valladolid no ano 1628, pero o seu uso continuado nas procesións xunto coas inclemencias do tempo fixeron que a talla sufrise unha gran deterioración polo que foi suprimida, para a súa conservación, a súa saída en procesión e é por iso que desde o ano 1915 procesiona unha réplica que lle foi encargada ao imaxineiro compostelán Maximino Magariños.
A imaxe do Cristo da Paciencia feita no ano 1628 non veu para Conxo ata o 1629. A imaxe está colocada no baldaquino do retablo da súa capela, presidíndoo e enaltecéndoo coa súa maxestosidade, é unha imaxe que desprende un gran realismo, característica fundamental do autor, polo que é capaz de transmitir todo o que representa. Chegou a ter pelo e barba "natural" polo que o realismo dos detalles impresionaba de tal maneira o fervor popular que a xente chegou a dicir que ao Cristo de Conxo lle medraban as uñas e máis o pelo, estes engadidos chegaron a estar tan deteriorados que estaban afectando moitísimo a talla. A imaxe do Cristo foi sometida a unha restauración severa (sendo párroco Don Alejandro Barral), desde febreiro de 1981 ata decembro de 1983.
O destino inicial da imaxe de Gregorio Fernández foi a devoción privada da comunidade mercedaria que había entón na parroquia, no mosteiro que hoxe é hospital psiquiátrico (propiedade da Xunta). Nun principio a devoción á imaxe do Cristo estaba vinculada ao culto funerario.
A fama do Cristo de Gregorio Fernández era grande e tamén se foi estendendo paulatinamente por toda Galicia, e o que, nun principio foi de culto privado agora converteuse nun lugar de peregrinación aínda que os que máis acudían, por proximidade, eran os veciños de Conxo e de Santiago que acudían en masa visitar o Cristo, sobre todo o Mércores de Cinza que daquela era a súa festa principal. Como consecuencia da grande afluencia de público a primeira capela do Cristo inaugurada no 1664 (actual sancristía), quedaba pequena e foi por iso que decidiron a construción dunha capela máis grande, paralela á que xa había e sita á esquerda do presbiterio. As obras prolongáronse desde o ano 1729 en que se empezou coa edificación ata o 1743 en que se inaugurou.
Igrexa das Nais Mercedarias (Tránsito da Mercé) - Convento das Mercedarias - Tránsito da Mercé - Rúa Fonte de Santo Antonio - Orfas - Cantón do Toural - Praza do Toural - Rúa do Vilar - Praza das Praterías - Rúa da Conga - Praza da Quintana - Entrada na SAMI Catedral (Porta das Praterías)
SAMI Catedral - Praza das Praterías - Rúa do Vilar - Porta Faxeira - Campo da Estrela - Avda. Xoán Carlos I - Rúa Rosalía de Castro - Avda. de Vilagarcía - Rúa García Prieto - Rúa Sánchez Freire - Campo de Conxo - Igrexa da Mercé de Conxo.
COTA:
Adultos: 15 € ao ano | Menores ata 16 anos: 3 € ao ano
© Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela 2020 - Deseño web Chia na rede