Fraternidade de Santiago de Compostela. Orde Franciscana Secular

Desde o ano 1961

A nosa Sede

Igrexa da Terceira Orde Franciscana Seglar

Rúa do Campiño de San Francisco, 2

15704 Santiago de Compostela

 

entradatriunfalxesus@semanasantasantiago.es

 

ver mapa

É actualidade

Tradición e Historia en imaxes

A NOSA HISTORIA

A Confraría Infantil da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén foi fundada o 12 de xaneiro de 1961 e tutelada pola Orde Franciscana Secular.

 

Actualmente, a confraría está recompilando e estudando a documentación sobre a súa historia. Unha vez concluídos os traballos ampliarase na presente páxina web.

IMAXINERÍA

XESÚS NA BORRIQUITA

 

Talla-de-la-Entrada-Triunfal-de-Jesús-en-Jerusalén

Talla-antigua-de-la-Entrada-Triunfal-de-Jesús

Este paso foi proxectado, esbozado e dirixido por devoción de por Roberto González Blanco, profesor da Escola de Artes e Oficios desta cidade de Santiago que era nese momento ministro da Orde Terceira Franciscana. Á súa vez, foi esculpido por Antonio Figueiras e, ao seu pasamento, rematou a escultura Castor Lata Montoro, que a finaliza no ano 1952.

 

O paso está depositado na capela da Orde Franciscana Secular, obra de Domingo de Andrade, que foi ministro desta orde situada no Campiño de San Francisco.

 

Procesións

PROCESIÓN DA ENTRADA TRIUNFAL DE XESÚS EN XERUSALÉN

Domingo de Ramos ás 10.45 horas


PERCORRIDO

 

Campiño de San Francisco - Rúa San Francisco - Praza do Obradoiro - Rúa Fonseca - Praza das Praterías - Rúa da Conga - Praza da Quintana (Bendición de Ramos) Rúa da Conga - Praza das Praterías - Rúa Fonseca - Praza do Obradoiro - Rúa San Francisco - Campiño de San Francisco

 

error: Content is protected !!